Seis días despois do paso da DANA que arrasou a Comunidade Valenciana, a paisaxe é desoladora. Toda axuda é pouca para intentar limpar as rúas de lama, casas destrozadas, coches,… e poder acceder a lugares aínda incomunicados.

Entre os afectados hai xente con familiares directos en Valdeorras que, se ben non sufriron danos persoais, tardarán meses en recuperar certa normalidade, recibindo de bo agrado canta a axuda reciben.

Dende a comarca, partiron xa voluntarios para colaborar no posible pero están a ser os propios veciños os que máis e están axudando entre si. Nestas imaxes podemos ver algunhas rúas da localidade de Algemesí, que están sendo limpadas coa axuda por voluntarios de pobos veciños como Alginet.

Dende O SIL agradecemos a cesión destas imaxes, en medio da desolación, para poder informar sobre a situación e a parte humana ante tremenda traxedia.




