CulturaCulturaÚltima hora

DXT e Xunta colaboran no reforzo da seguridade viaria no Camiño de Santiago

 

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda e o director xeral de Tráfico, Pere Navarro, veñen de asinar o protocolo de actuación Camiño de Santiago, Camiño seguro, para facer máis seguro o camiño dos peregrinos neste Xacobeo 21-22.

Tal como avanzan dende a Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo avanzan que con esta colaboración “preténdese informar e sensibilizar aos peregrinos en materia de seguridade viaria cunha guía de consellos e unha campaña específica e poñer en marcha actuacións co obxectivo de evitar e previr riscos en puntos conflitivos facilitando a convivencia entre os camiñantes e os vehículos”.

 

Peregrino atravesando unha estrada. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Ademais, facilitarase a conexión entre as páxinas web e aplicacións do Camiño de Santiago da Xunta e a da DXT para compartir os datos actualizados sobre os itinerarios das distintas rutas ou incidentes nos seus puntos críticos e, en xeral, información relacionada coa seguridade dos peregrinos.

Con respecto aos datos de afluencia turística, dende a Xunta aseguran que se superaron todas as expectativas neste verán “facendo que Galicia estea de moda neste Xacobeo”. Así, en agosto superáronse as cifras de xullo que xa foran moi positivas, cun 80% de visitantes máis que en 2020 e 20 puntos por riba da media nacional respecto a 2019. En canto á reactivación da peregrinación, todas as medidas a prol dun Camiño seguro axudaron a que no que vai de ano xa se selaran máis de 115.600 Compostelas e manter o obxectivo de pechar o ano por riba das 140.000.

Artigos relacionados

Back to top button