CulturaCulturaenBarcArteGalerías de fotosÚltima hora

“Eco-Folie”, unha chamada á concienciación ambiental na praza do Concello do Barco

Esta obra é unha das oito instalacións do 2º enBarcArte que poden verse nas rúas desta vila

 

Centos de latas de refrescos convértense en materia prima artística en “Eco-Folie”, a obra coa que Surya Namaskar, artista e activista vasca de 26 anos, participa no 2º Festival de Intalacións Artísticas no contexto urbano do Barco, enBarcArte, que se desenvolverá ata o vindeiro 29 de setembro.

 

Un dos laterais da instalación “Eco-Folie” de Surya Namaskar./ Foto: Jorge Barredo.

 

Esta obra, situada na praza do Concello do Barco, recrea un dos pavillóns que os aristrócratas do século XVIII construían nos seus xardíns e está concibida para ser utilizada polo público a modo de terraza cuberta, dentro da cal hai unha mesa e cadeiras para poder sentarte e tomar algo.

“Eco-Folie” xera a través dun singular “vocabulario visual (moi unido ao seu activismo a favor de diferentes causas)” un modo “simbólico de comunicación que cuestiona os protocolos e procedementos tradicionais”, destaca Jorge Barredo, curador de enBarcArte.

 

Outra imaxe da instalación./ Foto: Jorge Barredo.

 

Ademais a artista vasca deixa aberta a súa instalación para que sexa o público quen, coas súas aportacións de latas usadas, remate a composición da obra, facendo deste xeito unha chamada á concienciación medioambiental e implicando á sociedade nesta problemática. Boa parte das latas empregadas para elaborar esta obra foron aportadas pola cafetería barquense situada ao seu carón, La Placita.

Fotos da galería: Ángeles Rodríguez.

 

Artigos relacionados

Back to top button