OurenseÚltima hora

Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense comezan o curso con moita actividade e novidades

Presentan o proxecto de liberar plantas, Plantcrossing, cun centenar de plantas de Aloe Beira

 

Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense presentan as súas actuacións ambientais para este novo curso que comeza mañá, e no que celebrarán o 27º Aniversario.

As actuacións de limpeza no río serán un dos eixos sobre o que traballarán, a través da Limpeza Simultánea de Ríos organizada por Adega e a Campaña “1m2 por Praias e Mares”, organizada polo Proxecto Libera e Seo BirdLife (ambas as actuacións terán lugar na contorna da Praia Fluvial da Antena e a desembocadura do Río Loña).

Os ecovixiantes retoman asemade a recollida de tapóns solidarios que entregarán nos puntos de recollida (agora mesmo o corazón metálico de Barbadás); e quentarán motores recollendo cabichas na contorna do Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense, dentro da Campaña “O Mar empeza aquí”.

 

 

Tamén recollens periódicos vellos para Progape dentro do Proxecto Gadoupas; e inician, un ano máis o Plan Proxecta Recíclate con Sogama. “Axenda apertada para os primeiros días do curso académico, que se verá incrementada ao longo do ano, sobre todo coa eliminación de especies invasoras, e todo dentro da Campaña de Hábitos de Vida Saudable”, aseguran.

Unha das novidades deste ano, que presentan Cristina Bravo, Gonzalo Sánchez e Mario González é o proxecto de liberar plantas, chamado Plantcrossing, cun centenar de plantas de Aloe Beira, que serán nunha primeira fase entregadas a profesorado e alumnado, e posteriormente á cidadanía. “O proxecto de Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense transcorrerá durante todo o curso escolar coa creación dun xardín vertical nas instalacións do centro e con esporádicas colaboracións no horto urbano de Montealegre”, explica o profesor, Gonzalo Sánchez, destacando as bondades das plantas e as responsabilidades do seu coidado, dentro do obxecto xeral do colexio “Celebra a Vida”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button