
Trala xornada de descanso, o piloto monfortino Eduardo Iglesias chegaba á etapa 7 no Dakar 2022. Unha carreira de 401 km de especial e 307 kms máis de enlaces, moi esixente en canto a navegación, cunha primeira parte de bastantes pedras e despois pistas rápidas de terra e area así como zonas con algunhas dunas.
Así e todo, Edu continúa con boas sensacións, mellorando considerablemente o ritmo de carreira con respecto a anos anteriores, “recurtando o gap con respecto á cabeza de carreira”, puntualizan dende o seu equipo.
Ao final, afronta a etapa de hoxe dende a P87 na clasificación xeral.
Fotos e vídeo: Monforte Rally Team.