DeportesMotociclismoÚltima horaVídeos

Eduardo Iglesias: “A de hoxe foi unha etapa dakariana de verdade”

Eduardo Iglesias pasando a moto por unha das dunetas na etapa de hoxe.

 

Queda un día para que remate o Dakar 2022 e hoxe Eduardo Iglesias vivía “unha etapa dakariana de verdade, dura, a primeira deste ano na que sufrín”, explica o propio piloto de Monforte.

Así, neste xoves 13 de xaneiro, disputábase a etapa 11 polo deserto de Arabia Saudí cun total de 500 km dos cales 346 foron de especial. “Foi unha etapa moi esixente en canto a navegación e na que predominaron as dunas e dunetas blandas”, din dende o equipo Monforte Rally Team, recoñecendo que na primeira parte quedaron atorados nunha duna perdendo algo de tempo. Así e todo chegaban ao final da etapa, a un día de  chegar ao seu obxectivo: “acabar co Dakar por terceiro ano consecutivo”.

 

 

En canto á clasificación Edu era P85 na etapa e P78 na xeral. “Agora toca descansar e poñer a punto a moto para non fallar na etapa de mañá e poder chegar a ese podio de chegada en Jeddha”, aseguraba Edu no final da etapa.

Fotos e vídeo: Monforte Rally Team.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button