OurenseÚltima hora

“El cuarto de Mona”, filme que dá visibilidade ao problema da saúde mental, estréase no OUFF

Rolda de prensa de presentación do filme./ Foto: OUFF.

 

Estrea mundial de El cuarto de Mona esta tarde no Teatro Principal de Ourense, no marco do 26 OUFF. Trátase unha “traxedia desde o prisma da comedia”, en palabras do seu guionista e director, Darío Autrán. A película, rodada en parte en Ourense e protagonizada pola actriz ourensá Sabela Hermida, conta “unha semana disparatada e frenética, un vía crucis profano” na vida do seu personaxe, Mona. E propón unha “crítica amable e velada de todos os estamentos da sociedade”, á vez que dá visibilidade ao problema da saúde mental, “máis importante que nunca pola devastación que vivimos”, contou o seu director.

Para Sabela Hermida, o filme é especial ademais porque conta a historia dunha muller, sen ningún personaxe masculino que a complemente. “Agradézoo como muller, como actriz e como feminista”.
El cuarto de Mona, chega por fin a unha sala de cinema despois dun ano de produción con moitas dificultades. No reparto, ademais de Sabela Hermida, figuran Melania Cruz, Manuel Manquiña, Isabel Blanco, Pedro Picos e Rosalía Castro. A película proxéctase dentro do ciclo Sesións Especiais.

 

O equipo da película, na estrea no Teatro Principal de Ourense.

 

O director

Darío Autrán (Pontevedra, 1987) é actor, guionista, director e montador. Comezou a súa carreira cinematográfica escribindo e protagonizando Orxo, unha película de televisión rodada en Galicia. Ao final deste proxecto, rodou como director, guionista e actor a súa primeira película en 2010, Tacha & Jean, coa que obtivo nomeamentos á mellor película nos festivais internacionais de cinema de autor de Lugo, Cinelow I Director Emergents e nos premios Mestre Mateo de 2013.

Artigos relacionados

Back to top button