O cineasta galego Ángel de la Cruz presentará no Ourense Film Festival, OUFF, a curta “A Marola”, unha historia de ficción inspirada nas vivencias reais do mozos inmigrantes que loitan por integrarse na cidade da Coruña.
“A Marola” é unha peza que en apenas 20 minutos traslada mediante a ficción a historia real de moitos mozos migrantes. Na curta, que parte dunha idea de Vicente Bellón, avogado e fundador do Club de Fútbol A Marola, en A Coruña, participan moitos integrantes deste equipo, que teñen vivencias similares ás conta a curta. Este elenco non profesional complétase con actores e atrices como Estíbalez Veiga, Xoán Perez ou Tito Barbeito.
O obectivo da curta é trasladar ao público as historias e vivencias de moitos inmigrantes que chegan a cidades galegas, eliminar prexuizos dende a solidaridade. “A Marola” terá a súa estrea mundial no marco do OUFF, que se celebrará entre o 27 de setembro e o 6 de outubro.