OurenseÚltima hora

“El último bufón” de Leo Bassi, chega mañá á MITEU, en Ourense

O artista italiano actuará no Teatro Principal a partires das 22 horas
Un dos carteis promocionais de “El último bufón” de Leo Bassi.

Máis que un espectáculo, El último bufón é “unha volta consciente ás responsabilidades éticas da miña estirpe, un levantamento popular bufonesco contra a tiranía de hoxe e de sempre”. Así define Leo Bassi a obra coa que participa este ano na MITEU, o Festival Internacional de Teatro Universitario de Ourense que dende o 12 de abril enche de fantasía as rúas e espazos culturais da cidade.

Bassi, director e actor de El último bufón, naceu na última xeración do circo tradicional, do que fuxiu nos anos setenta por terse convertido en “espectáculos infantís cheos de fame e convencións baleiras”. Da necesidade de algo máis grande, esencial e exitante, de “provocacións, loitas políticas, unha arte necesaria e emocionante”, nace esta obra de 80 minutos de duración coa que engaiolará ao público ourensán.

A actuación será mañá, 18 de abril, ás 22h. no Teatro Principal. Entrada: 10 euros.

Artigos relacionados

Back to top button