DeportesÚltima hora

Elena Ledo (Adas Cupa), sexta en F40 no Campionato de España de 5 km

Publicidade
A atleta Elena Ledo./ Foto: Sindo Novoa.

 

Un total de dous ouros e unha prata é o balance logrado polas atletas galegas e galegos máster durante o transcurso do Campionato de España de 5K , que se celebraba na pasada fin de semana na localidade madrileña de Pinto.

Os títulos corresponderon a Esther Pedrosa que se impuxo na categoría F60 cun rexistro de 20:22. Pola súa banda o atleta do Samertolameu Pablo Fervenza, tamén foi quen de facer boas as predicións ao lograr o título nacional na categoría M70 cun tempo oficial de 20:39.

A última das medallas foi parar para Begoña de Arriba do Egobarros de Viveiro, a cal remataba no segundo lugar na categoría F70 cun crono de 28:03.

Foron destacados igualmente os postos de finalistas logrados por Angeles Ripoll do C.A. Sada na F60, de Amador Pena da S.D. Compostela na M40 así como de Elena Ledo do Club Adas Cupa do Barco, na categoría F40, cun tempo de 19:31.

Artigos relacionados

Back to top button