DeportesÚltima hora

Elena Ledo, do Adas Cupa do Barco, no Campionato de España de 5k en ruta

Publicidade
A atleta Elena Ledo./ Foto: Sindo Novoa.

 

Ata a localidade madrileña acudirán un total de dez atletas másters galegos para tomar parte na primeira edición do Campionato de España de 5K en ruta. Entre as que acuden a esta cita atópanse a santiguesa Esther Pedrosa que parte como favorita na súa categoría F60 logo do seu recente título de España de Milla en pista da pasada semana.

Outro dos destacados será Pablo Fervenza do Samertolameu, quen tamén a pasada fin de semana proclamábase campión de España dos 10.000 m. e da Milla, proba esta última na que lograba ademáis un novo récord de España. Xunto eles, o medalla de bronce nacional na Milla M40 Amador Pena do S.D.Compostela, completará a punta de lanza da expedición galega.

Xunto eles tamén estarán compitindo Elena Ledo do Adas Cupa do Barco, Angeles Ripoll do C.A.Sada, Begoña de Arriba e Marcelo Vasques do Egovarros, Juan Negreira do C.A.Sar, Manuel Paredes do Barbanza e Emilio García da S.D. Compostela

 

Artigos relacionados

Back to top button