CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Empate a ceros en Calabagueiros na estrea de Edu Rodríguez á fronte do CD Barco

Co 0-0 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 4 de decembro ante a UD Somozas

 

Tarde fría, chuvia e empate a ceros en Calabagueiros, no partido entre o CD Barco e a UD Somozas, na que foi a estrea do técnico monfortino Edu Rodríguez á fronte do equipo vermello.

Neste domingo 4 de decembro os valdeorreses saltaban ao terreo de xogo dende o noveno posto da Terceira RFEF e tralo empate a 2 no campo do Couto ante a UD Ourense. A UD Somozas pola súa banda facíao dende quinto posto tralo empate a 0 ante o Racing Club Vilalbés. E ningún dos dous lograba marcar repartíndose novamente os puntos en xogo.

 

Once titular do CD Barco ante a UD Somozas.

 

Tralos 90 minutos reglamentarios, dous cartóns amarelos para O Barco e catro para o Somozas, o partido remataba igual que empezara: 0-0 no marcador.

Con este resultado o equipo sénior do Centro de Deportes Barco mantense na metade da clasificación, á espera da seguinte xornada que o levará  ata Vilalba.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button