DeportesGalerías de fotos

Empate e vitoria para os benxamíns do C.D. Rúa no Aguillón

A primeira fin de semana do mes de maio foi intenso e positivo a partes iguais no campo de fútbol do Aguillón. Na tarde do domingo o equipo feminino goleaba (7-0) ao Atl. Estrada e o sénior do C.D. Rúa vencía 3-0 ao Santa Teresita no partido de ida de semifinais do play off polo ascenso a primeira autonómica. E o día anterior eran os máis pequenos do club rues os que xogaban.

Despois de rematar a liga os dous equipos de benxamíns están inmersos na Copa Deputación. Na tarde do 5 de maio O benxamín B empataba a ceros co Velle mentres que o benxamín B (campión de liga) vencía ao Ribadavia Atl. por 8 goles a 5 liderando a clasificación.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button