EconomíaEconomíaÚltima hora

Empresas de Quiroga e Valdeorras piden unha “solución urxente” aos cortes de telefonía e internet nesa comarca lucense

 

Tras as manifestacións do alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, amosando a súa indignación polos cortes de telefonía e internet no municipio, un grupo de empresarios de Quiroga e de Valdeorras veñen de emitir tamén unha nota de prensa incidindo nesta mesma reclamación.

Aseguran que “desde o mes de setembro, e debido ao gran incendio que arrasou a comarca de Quiroga e contiguas, ardeu unha torre de telefonía de Movistar. Dita torre non foi reposta, nin cremos que se vaia a repoñer, co consecuente mal funcionamento e mal servizo tanto de telefonía fixa, móbil e internet. Sófreno os veciños da Comarca de Quiroga e sufrímolo as empresas que temos os nosos negocios e centros de traballo alí situados. É un problema que se vén arrastrando desde setembro e ao que a multinacional non lle dá ningún tipo de solución, con escusas de solicitude de permisos, problemas técnicos e problemas de empresas subcontratadas…o caso é que a Movistar, ou sexa Telefónica, non lle interesa o Rural, porque se isto pasase en Ourense cidade ou na cidade de Lugo o servizo reporíase inmediatamente”.

Estes empresarios de Quiroga e Valdeorras piden “unha solución urxente” e que “se impliquen as administracións, tanto locais como autonómica para obrigar a esta multinacional a solucionar un grave problema de cobertura na zona de Quiroga”.

Artigos relacionados

Back to top button