ConcellosÚltima hora

En marcha o programa formativo “Valdeorras emprende”

Desenvolverase do 2 ao 3 de outubro no salón de actos do IES Lauro Olmo do Barco

 

Na mañá deste mércores 2 de outubro poñíase en marcha no salón de actos do IES Lauro Olmo do Barco as xornadas “Valdeorras emprende”. Este programa formativo, dirixido a persoas de entre 16 e 30 anos, pretende “explorar as posibilidades de autoemprego” na comarca de Valdeorras.

Esta actividade, que é de balde, impartirase os días 2 e 3 de outubro (en horario de 10h. a 14h.) no citado instituto barquense.  No seu decurso analizaranse as ideas das persoas asistentes para “ver se poden ter futuro, obteredes indicacións básicas sobre como comezar e conversaremos con emprendedores de áreas como os proxectos audiovisuais, o deseño gráfico, o porco celta, o mel, envellecemento activo, etc.”, segundo o Concello.

Este programa está sendo organizado polo Concello barquense con financiamento da Consellería de Política Social e coa colaboración do IES Lauro Olmo.

Fotos cedidas polo IES Lauro Olmo do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button