
Dende as seis da tarde deste venres 4 de novembro e ata as 15 horas do domingo día 6, estará en marcha o VII Concurso Tapa Micolóxica, unha das actividades estrela das Xornadas Micolóxicas do Club Montaña Trives que este ano chegan á XXII edición.
Nesta ocasión participan 13 establecementos de hostalaría trivesa, distribuídos en territorios:
– Territorio cogomelo: O Bodegón, Manolos, Boliche, San Martín, Estación de Montaña Manzaneda.
– Territorio seta: Quintela, A Cantina do Catro, O Lar de Alicia e O Pan da María.
– Territorio mushroom: As Maceiras, O Paíño, A Masía e Experience Truck.
Durante o concurso cada persona terá unha única papeleta que atopará nos locáis participantes e que deberá selar en cada un. “Para poder entrar no sorteo é preciso ter o selo de tres establecementos en cada un dos territorios”, puntalizan dende a organización.
Cada tapa ten un prezo único de 1,70 euros e será valorada por sabor e presentación. O sorteo celebrarase o domingo a partir das seis da tarde no patio interior da Casa Grande de Trives e entre os agasallos haberá un set completo de micoloxía, unha gran cesta gourmet, unha cea para dúas persoas, e estoxo da Adega Chao do Couso.
Máis información sobre as Xornadas Micolóxicas no seguinte enlace: https://osil.info/xxii-xornadas-micoloxicas-do-club-montana-trives-do-4-ao-6-de-novembro/
