Para darse a coñecer como alternativa política e presentar á candidata de Valdeorras que aparece nas listas provinciais, Silvia Cuesta, En Marea está a realizar unha serie de actos por diferentes zonas do rural da comarca. Así o explicaban na tarde do 14 de setembro en rolda de prensa no Barco.
“Neste comité estamos traballando xente de Vilamartín, da Rúa, Petín e do Barco. E a nosa intención é que isto teña continuidade no futuro incorporando ao resto dos municipios nos que aínda non temos xente traballando con nós. E isto de cara a formar plataformas municipais alí onde non as haxa de cara ás próximas eleccións”, explicaba Dani Martínez, responsable de loxística do comité de En Marea en Valdeorras.
Tamén buscan achegar a mensaxe de En Marea para que “se coñeza esta referencia e esta nova posiblidade de cambio nas zonas do rural, xa que sabemos que son máis inaccesibles”. Neste senso comezaban xa a realizar diversos actos, como o celebrado a primeiros de semana na Veiga, e que terá continuidade con moitos máis ao longo dos vindeiros días, co seguinte calendario.
Xoves 15: A partires das 18.00h. visita da candidata Silvia Cuesta ás localidades de Carballeda de Valdeorras, municipio que se caracteriza pola explotación da lousa. A partires das 18.00
Venres 16: encontro da asociación de empresarios AEVA con Davide Rodríguez, Eva Gutiérrez e Riada Cidadá.
Sábado 17: faladoiro na Praza de Petín sobre cooperativismo e novas tecnoloxías. Asistirán os candidatos de En Marea, Silvia Cuesta e Jorge Lorenzo Vila, e mais persoas vencelladas ao cooperatismo e á aplicación das novas tecnoloxías ao traballo en grupo. Ás 18.30.
Domingo 18: Visita con Davide Rodriguez a fogares de Fontei, na Rúa, onde habitan mulleres maiores dependentes en situación de déficit habitacional e de axudas, ás 18.30. Despois, xa no Barco, acto central de En Marea coa asistencia do candidato a presidencia Luis Villares máis os candidatos por Ourense Ánxeles Cuña, David Rodríguez e Eva Gutiérrez, ás 20:00 no Teatro Lauro Olmo.
Luns 19: Encontro dedicado á situación sanitaria e coidados en Celavente (O Bolo) ás 17:30 e Vilanova (O Barco) ás 19:30
Martes 20: acto na Rúa as 18:00 na praza do concello con David Bruzos e os candidatos Ares, Carlos Miguélez e Alba.
Mercores 21: Faladoiro na praza de Vilamartín sobre xestión da auga ás 19:30h.
Venres 23: Festa-Peche de Campaña de En Marea de Valdeorras no local O Patio, na Rúa da Estación (A Rúa). Haberá paellada para os asistentes, actividades para nenos, dj’s e outras sorpresas.