Eleccións Xerais 26-XGalerías de fotosPolíticaÚltima hora

Encontro de En Marea cos veciños de A Rúa

David Bruzos defendeu “a necesidade de mellorar as comunicacións en Valdeorras pero cun proxecto consensuado, non imposto”

Na tarde do 18 de xuño, a praza do Concello da Rúa acollía un encontro de En Marea cos veciños da localidade. Presentados polo representante de Podemos no municipio, Íñigo Ansotegui, o primeiro en falar foi Juan Villarino, candidato ao Senado por Ourense, quen alertou sobre os perxuízos dos tratados de libre comercio entre EE.UU. e a UE (TTIP) en sectores como o vitivinícola. De seguido foi o turno da outra candidata ao Senado, Pilar Barros que falou do papel desta cámara sobre o control das Institucións.

A número 2 da candidatura ao Congreso por Ourense, Sofía Díaz, foi a encargada de dar paso ao cabeza de lista, David Bruzos quen defendeu a necesidade de mellorar as comunicacións na comarca de Valdeorras pero non co proxecto específico da A-76 “debe ser un proxecto consensuado, non imposto”, dixo, engadindo que para En Marea o problema radica na forma na que se levou a cabo a proposta do proxecto “sen contar coa opinión da veciñanza”.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button