CulturaCulturaÚltima hora

Encontro de Poetas pasado por auga, en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras)

 

A poesía, a música e a chuvia. Foron os protagonista da XIII edición do Encontro de Poetas de Valdeorra que, malia a intempestiva tarde, se celebraba este sábado 12 de marzo en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), en homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán no ano das súas Letras.

Tal como estaba previsto, o recital cuxo tema xiraba en torno á soidade, comezaba na praza Aira da Cruz pero a auga non tardaba en facer acto de presenza polo que o acto trasladábase ata o espazo de arte ‘Conde y Torino’ onde estaba previsto o concerto de piano e voz a cargo de Chiruca e Mauro.

A chuvia e o frío impediron desfrutar da cita como estaba previsto, especialmente tralo parón do ano pasado por culpa da pandemia, pero tapándose con paraugas e protexéndose nos soportais, os asistentes mantivéronse firmes para escoitar aos poetas. Ademais dos xa consolidados (moitos deles fieis ao encontro) tamén houbo espazo para a mocidade e por terceiro participaron alumnos do IES Cosme López da Rúa que levaban un tempo estudando a obra de Florencio, recitando poemas propios inspirados nel.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button