SanidadeÚltima hora

A enfermería ourensá aborda o futuro da profesión no campo deportivo

Os presentes fixeron unha homenaxe a Sergio Quintairos, presidente do Consello Galego de Enfermería, durante a inauguración das xornadas

Máis de 180 persoas asistiron hoxe, 15 de novembro, á xornada sobre a Actuación da Enfermería na práctica deportiva organizada polo Colexio de Enfermería de Ourense e a Escola Internacional de Ciencias da Saúde, organizada no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” de Ourense. Esta actividade formativa tivo múltiples enfoques e na que se puxo de manifesto o rol de prescritores de actividade física en profesionais da enfermería, alimentación e a hidratación; o deporte de alto rendemento e os erros que se cometen nesta práctica; as lesións deportivas e todos os coidados relacionados.

A inauguración da xornada comezou coa intervención da presidenta do Colexio de Enfermería de Ourense, Ascensión Pérez, que lembrou a os presentes que hoxe “é un día triste” para a enfermería galega, tras o falecemento, onte, de Sergio Quintas, presidente do Consello Galego de Enfermería. Os asistentes gardáronlle un minuto de silencio en homenaxe.

Logo tomou a palabra na presentación o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, quen aludiu a importancia de promover o deporte e a actividade física para loitar contra o sedentarismo, un dos males da saúde pública mundial.

A xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense, María Villar, destacou que o aumento do número de persoas que realizan exercizo e prácticas deportivas “fai necesario que aumente, o mesmo tempo, o número de profesionais e enfermeiros que lles atendan en instalacións ou competicións deportivas”.

Unha idea que tamén destacou a directora da Escola Internacional de Ciencias da Saúde, Pilar Fernández, que celebrou que o deporte democratizouse e que vivamos nunha sociedade cada vez máis involucrada na saúde. Non obstante lembrou que este novo escenario “implica unha enfermería máis localizada e experta en coidados no ámbito deportivo”. Un campo de traballo “interesante”, dixo, que crecerá nos vindeiros anos.

A xornada arrancou cun relatorio titulado “Coidado do deportista dende un enfoque integrativo”, de mans do Doutor Ovidio Céspedes, enfermeiro experto en deporte de competición e profesor da Escola Internacional de Ciencias da Saúde. Logo diso, foi unha mesa redonda, moderada pola presidenta do Colexio de Enfermería de Ourense, Ascensión Pérez, titulada “Deporte e Saúde”. Xa pola tarde, a xefa de procesos de Enfermería da EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, María José Menor, moderou unha mesa redonda titulada “Papel da Enfermería na práctica deportiva”. A xornada pechou co relatorio “Recuperación do deportista nun centro hidrotermal”, da man do director médico do balneario de Archena, o doutoro Luis Ovejero.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button