A GudiñaConcellosÚltima horaVerínViana do Bolo

Engádese unha expedición na liña de bus que conecta Viana e Verín, con parada na estación de tren da Gudiña

A partir do vindeiro luns a Xunta adapta os horarios dos autobuses entre Verín e A Gudiña para facilitar 5 enlaces ao día cos servizos de tren a Madrid

 

A partir do vindeiro luns 7 de abril, a Xunta adapta os horarios dos autobuses entre Verín e A Gudiña para facilitar 5 enlaces ao día cos servizos de tren a Madrid. Para iso crearase unha nova liña entre Verín e a estación de tren da Gudiña, que ofrecerá un servizo ao día. Ademais, engadirase unha expedición máis na liña que conecta Viana do Bolo e Verín, que conta con parada na citada terminal.

Estes dous novos servizos, xunto coa revisión dos horarios actuais, amplían de dous a cinco os enlaces diarios coordinados coas saídas e chegadas dos trens Alvia con orixe ou destino en Madrid, o que facilitará a intermodalidade dos pasaxeiros do tren.

A nova liña de autobús entre Verín e A Gudiña ofrecerá un servizo con saída ás 9:30 horas e chegada á estación ferroviaria ás 10:20 horas. Este horario posibilita que a espera sexa menor de 15 minutos para acceder ao tren, que ten hora prevista de paso cara a Madrid ás 10:34 horas.

A Xunta tamén garante o enlace co seguinte tren, que realiza unha parada na Gudiña ás 13:43 horas, adiantando 30 minutos, ata as 12:30 horas, o servizo entre Verín e Viana do Bolo activo nesa franxa horaria.

Cómpre lembrar que para os pasaxeiros que saen de Verín e collen o último tren do día cada a Madrid, que pasa ás 19:28 horas pola Gudiña, os autobuses da Xunta xa ofrecen actualmente unha conexión cos horarios vixentes.

Para o traxecto de volta, en Verín haberá dous posibles enlaces, co tren que chega de Madrid á Gudiña ás 15:37 horas, que xa permite os horarios actuais; e co das 20:05 horas, para o que se crea unha nova expedición na liña que une Viana do Bolo e Verín, que contará con hora de paso aproximada pola estación ás 20:27 horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button