
Nas últimas horas o concello de Vilamartín de Valdeorras, que nos últimos meses se mantiña libre de coronavirus, pasaba de rexistrar 5 casos activos a un total de 14. Así o vén de confirmar o seu alcalde, Enrique Álvarez Barreiro. “Agora mesmo temos positivos en tres unidades familiares. Hai unha unidade que se mantén con 2 casos, outra que pasa de 3 a 7 casos e unha terceira, nova, con 5 casos”, explica o rexedor.
Ante esta situación, Enrique Álvarez Barreiro fai un chamamento á cidadanía para que extremen ás precaucións. “Apelo ao sentido común, a facer ver á xente que a pandemia non pasou e que temos que estar moi pendentes e ser moi prudentes con todo isto. Está claro que isto volveuse a coplicar e pode ser moi perigosos, así que moito coidado e moita atención por parte de todos”.