PolíticaÚltima hora

Enrique Álvarez: “O CooperOu permítenos facer moitos dos traballos que temos que afrontar e, ao mesmo tempo, poder sobrevivir”

O Grupo Provincial Socialista na Deputación de Ourense comproba en Vilamartín de Valdeorras a "conveniencia do plan de reparto de fondos entre concellos sobre criterios obxectivos"

 

No marco dunha xira para avaliar o impacto do novo plan de financiamento dos concellos (CooperOu), dputadas e deputados do Grupo Provincial Socialista na Deputación de Ourense acudiron a Vilamartín
de Valdeorras.

Acompañados polo alcalde do municipio, Enrique Álvarez, visitaron os traballos na rúa Justino Ferrándiz, en plena Ruta das Covas, “que terían sido inviables baixo o anterior mecanismo”, subliñou o rexedor, asegurando que “o CooperOu fíxonos un grande favor e no noso caso permítenos facer moitos dos traballos que temos que afrontar e, ao mesmo tempo, poder sobrevivir, tirar para adiante”.

Para o alcalde de Vilamartín de Valdeorras, “temos unhas necesidades acuciantes e, amais, un patrimonio impresionante para poñer en valor, de aí a importancia de dispor de recursos e flexibilidade para destinalos a aquelo que realmente ten importancia para os nosos concellos”.

Segundo indican dende o Grupo Socialista “Vilamartín de Valdeorras percibía apenas 77.000 euros anuais e coa entrada en vigor do CooperOu pasa a recibir, tralas dúas modificacións de crédito que o PSdeG-PSOE negociou co grupo de goberno do PP, de outubro de 2023 e de abril de 2024, un total de 279.298 euros anuais”. “Era necesario, pero fai falta que aínda sexa máis ambicioso, que o reparto vaia máis alá para abordar máis proxectos, que é o que sei están a loitar as miñas compañeiras e compañeiros”, sostén Enrique Álvarez.

Artigos relacionados

Back to top button