ConcellosEntroido 2023O BarcoÚltima horaVídeos

Enterro da Sardiña entre coplas e baixo a chuvia, no Barco

 

Entre paraugas desenvolvíase neste Mércores de Cinza o Enterro da Sardiña do Barco. Pese a chuvia, a veciñanza, algunha ataviada con prendas propias dun funeral, congregábanse na praza Maior da vila para participar nesta celebración satírica coa que conclúe o Entroido nesta localidade valdeorresa.

 

 

Desta volta a chuvia impedía a habitual procesión co Meco pola zona vella, pero non o acendido de candeas, os choros, nin o canto das coplas, nas que se facía un repaso en clave de humor da pandemia e tamén da situación sanitaria en Valdeorras. Despois do tradicional retrouso “Aí vai, aí vai,/ aí vai o Carnaval/ tan bonito como era/ e deixárono escapar”, os dous oficiantes da cerimonia, Manuel González e Manuel Caramés, daban paso ao ritual da queima do Meco, colocado no medio da praza.

 

 

Deseguido, os asistentes compartían un petisco propio destas datas. Despois, algúns dos veciños aproveitaban para tomar algo nos bares da praza.

Fotos da galería: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button