ConcellosQuirogaÚltima hora

Entrada gratuíta na xornada de apertura das piscinas municipais de Quiroga

Estas instalacións abrirán ao público a partir de mañá "con todas as medidas de seguridade"

Publicidade
Piscinas municipais de Quiroga./ Foto cedida.

 

Nunha xornada de entrada gratuíta abrirán mañá, 1 de xullo, as piscinas municipais de Quiroga. O Concello estivo a traballar para poder abrir estas instalacións con todas as medidas de seguridade marcadas pola Xunta de Galicia. Así, levouse a cabo un parcelamento do céspede, hai zonas marcadas de entrada e saída e ademais de dispoñer de xel hidroalcohólico a para os usuarios

As piscinas municipais, que manteñen os prezos de entrada de anos anteriores, abren todos os días a partir de mañá en horario de 12 do mediodía a oito do serán.

Xunto coa apertura das piscinas, tamén se abre o servizo de cafetería do que este ano se encargará directamente o Concello. A intención do goberno municipal de Quiroga, que apela unha vez máis á responsabilidade dos usuarios, é “manter este servizo aberto ata principios do mes de setembro, supeditado ás condicións meteorolóxicas”.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button