AletismoDeportesÚltima horaVídeos

Entre 600 e 700 corredores participarán este sábado no campionato galego de cros, na Rúa

Competirán as categorías máster e menores (Sub10, Sub12 e Sub14)

 

“Contamos con ter entre 600-700 corredores en total (son 600 nenas e nenos os inscritos nas categorías menores máis 140 na máster, xunto aos acompañantes, co cal falamos dunhas 1.500 persoas as que se reunirán na mañá do sábado na Rúa”. Estas son as cifras que o presidente do Club Adas O Barco, Agustín González, daba na presentación do Campionato Xunta de Galicia de Cros (XXVII Memorial Alejandro Lorenzo Cros S10- S12-S14 e XXXVI Cros Máster) que se celebrará o 20 de xaneiro a parrtir das 10 horas no Aguillón.

 

 

No acto, no que estaba acompañado polos membros do equipo de goberno da Rúa e polo delegado en Valdeorras da Federación Galega de Atletismo Manuel Rodríguez Teijeiro, Tinín agradecia a colaboración do Concello porque “o circuíto de campo a través require dunha preparación e o club Adas encargarease de estaquear como todos os anos, pero tamén o terreo do que se encarga o ente local, un traballo dificultado polo tempo”.

 

 

A categoría de máster 35 será a primeira carreira (10:15 horas) e o campionato estará controlado polo colexio de xuíces da Delegación Valdeorresa de Atletismo.

A nivel de Valdeorras competirá o Club Atletismo Rúa e o Club Adas con representantes tanto nas categorías base como máster.

Fortos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button