ConcellosManzanedaÚltima horaViana do BoloVilariño de Conso

“Entre pastores e lobos”, rodada no Macizo Central Ourensán, premio do público da 16 MICE

Representación de Manzaneda, Viana e Vilariño de Conso na estrea en Santiago./ Foto: MICE.

 

Novo recoñecemento para o documental “Entre pastores e lobo”, dixirido por Manuel Pedrosa. Este filme, rodado no Macizo Central Ourensán, vén de recibir o Premio do Público na 16 Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego.

Era no marco deste certame no que este traballo se estreaba en Galicia o pasado 7 de abril, nunha proxección que contaba cunha representación das zonas nas que se realizaba a rodaxe: Manzaneda, Vilariño de Conso e Viana do Bolo.

 

Curro da Mosenda, imaxe do filme./ Foto: https://entrepastoreselobos.wordpress.com/

 

A entrega de premios tiña lugar onte, sábado 10 de abril, ás 13h. no Museo do Pobo Galego. Nesta edición da MICE, como foi certame híbrido, contáronse os votos pases presenciais dos filmes no Museo do Pobo, no Teatro Principal e mais no cinema NUMAX, ademais dos votos emitidos a través de internet co visionado das películas na plataforma Festhome, que se manterá activa ata que remate o domingo, 11 de abril.

 

Artigos relacionados

Back to top button