En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Entre viñedos, lagares e covas, na III BTT da Ruta do Viño de Valdeorras [galería de imaxes]

 

Un percorrido de 45 quilómetros por algúns dos puntos máis emblemáticos e atractivos, desde o punto de vista turístico, da xeografía da comarca foi a proposta da III BTT da Ruta do Viño de Valdeorras celebrada na mañá do domingo 22 de outubro.

 

 

Este trazado, deseñado pola empresa especializada Xanzá e apto para ser transitado sobre dúas rodas por todos os interesados maiores de 14 anos, levou aos máis de 150 ciclistas por paraxes e localidades tan diversas como A Rúa (punto desde o que saían os corredores e ao que regresaban, unha vez concluída a marcha), Petín, Freixido, Seadur, Larouco, A Portela ou Seixo.

 

 

Unha espectacular ruta na que os participantes experimentaron unha vibrante experiencia sobre dúas rodas á vez que atravesaban os espectaculares viñedos e lagares de Larouco, pasando por diante das características covas de Seadur, atravesando a ponte da Cigarrosa e descenden por unha bela paraxe de cinco quilómetros dentro do municipio de Petín, entre outros magníficos lugares. Un percorrido que remataba cun viño e que pode verse a través desta galería fotográfica.

 

 

A iniciativa, promovida por terceiro ano consecutivo polo Roteiro do Viño de Valdeorras conta co respaldo da Axencia Turismo de Galicia, do Concello da Rúa, da Deputación Provincial de Ourense, do Consello Regulador da D.Ou. Valdeorras e da empresa de servizos turísticos Xanzá.

 

 

No acto inaugural, que atraeu amantes do ciclismo de toda Galicia e tamén doutras provincias españolas como León, Zamora, Madrid, Badaxoz ou Valencia contoua coa presenza do presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez; da delegada especial para Valdeorras da Deputación de Ourense, María del Carmen González; do director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; da alcaldesa da Rúa, María G. Albert; e os rexedores do Bolo e Larouco, Alberto Vázquez e Patricia Lamela.

A proba contou coa colaboración de voluntarios da agrupacións de Protección Civil da Rúa, Petí, O Bolo, O Barco e Larouco.

 

 

Máis  información, fotos e vídeos nos seguinte enlaces: https://osil.info/uns-170-bikers-toman-a-saida-na-rua-na-iii-btt-da-ruta-do-vino-de-valdeorras/

https://osil.info/os-participantes-na-btt-da-ruta-do-vino-ao-seu-paso-por-a-portela-larouco-petin/

https://osil.info/a-iii-btt-da-ruta-do-vino-de-valdeorras-en-videos/

Fotos: Carlos G. Hervella excepto as sete últimas da galería que son de Protección Civil A Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button