ConcellosÚltima hora

Entrega de mascarillas, diplomas e recortables aos nenos de Manzaneda

Esta iniciativa tamén se levaba a cabo na tarde do pasado venres en Trives e San Xoán de Río

Protección Civil de Manzaneda facendo entrega do material a nenos do municipio./ Foto cedida.

 

Na tarde do sábado 25 de abril o Concello de Manzaneda procedía a repartir, a través de Protección Civil, mascarillas, diplomas e recortables entre a poboación infantil deste municipio.

Unhas horas antes de que os cativos puidesen saír á rúa neste domingo 26 de abril, recibían cada un deles un sobre que contiña unha mascarilla homologada de protección FFP2, ademais dun diploma “que os felicita polo seu bo comportamento ante esta crise sanitaria co fin de animalos a que sigan a facelo así de ben”, e un recortable.

Esta iniciativa poñíase en marcha de xeito conxunto nos Concellos de Manzaneda, Trives e Río, se ben estes dous últimos facían a entrega o venres 24 de abril. As mascarillas infantís foron adquiridas con fondos propios dos respectivos concellos. “A nosa maior preocupación é dotar da maior protección aos nenos, xa que logo estes son o futuro dos seus pobos”, din os tres alcaldes.

Dende estes tres Concellos tamén se adianta que nos vindeiros días repartirán mascarillas cirúrxicas para a poboación adulta que “aínda non dispoña delas, toda vez que nos tres concellos xa se comezou de xeito progresivo o reparto, que se seguirá a facer ata dar cobertura a todos os veciños”.

Máis información e fotos:
https://osil.info/trives-rio-e-manzaneda-reparten-mascarillas-diplomas-e-recortables-entre-a-sua-poboacion-infantil/

Artigos relacionados

Back to top button