EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Entrega de premios Cata da Patrimonio, que recoñece o valor dos viños da Ribeira Sacra

 

No Centro do Viño da Ribeira Sacra facíase entrega esta mañá dos premios correspondentes á Cata Patrimonio 2023, logo de que este certame se celebrara o pasado 3 de xuño. O acto contaba coa presenza do alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, quen resaltaba o valor do traballo dos adegueiros da Ribeira Sacra, recoñecéndoos como “os auténticos artífices que fan que hoxe os viños desta denominación teñan o recoñecemento e o éxito que teñen”.

A mecánica deste evento, no que colaborou o Concello de Monforte, consistiu nunha cata a cegas, onde un xurado conformado por enólogos de bodegas da zona, membros da Asociación Galega de Enólogos e prensa especializada degustaron distintas elaboracións dos viños presentados.
Na cata participaron 52 adegas desta denominación de orixe, que supón máis do 90% das adegas da zona.

O alcalde de Monforte resaltaba que grazas a eventos “como este cumprimos un dobre obxectivo, promover a Ribeira Sacra e impulsar o traballo e o esforzo das adegas pertencentes a ela, así como a posta en valor da calidade dos nosos viños”. Por iso, José Tomé agradeceu aos organizadores e participantes a recuperación desta Cata Patrimonio e animounos a seguir adiante con iniciativas deste tipo.

Finalmente, antes da entrega dos premios ás adegas gañadoras, Tomé anunciou que o Concello xa está a traballar intensamente na organización dunha nova edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra, que se celebrará en Monforte os días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo subliñando que o Festival constitúe unha forma moi importante tamén de impulsar a industria vitivinícola da zona da Ribeira Sacra, así como a hostalería e o comercio.

Viños premiados

Brancos Gran Patrimonio
1. A Cova Volta
2. Peza do Rei

Brancos Patrimonio
1. Casa Moreiras
2. Maga
3. Ponte da Boga a Albariño
4. Viña Vella

Rosados Gran Patrimonio
1. Regina Rosae

Rosados Patrimonio
1. Cruceiro Rosa
2. Tareixa

Tintos Gran Patrimonio
1. Acivro
2. Ciudaséis

Tintos Patrimonio
1. Casa Moreiras
2. Viña Frieira
3. Estrela
4. Sabatelius

Outras colleitas Gran Patrimonio
1. Casa de Outeiro Escudo
Outras colleitas Patrimonio
1. Guímaro Camiño Real
2. Tolo de Xisto

Tintos Barrica Gran Patrimonio
1. Condado de Sequeiras CS
2. Casa de Outeiro Histórico

Tintos Barrica Patrimonio
1. Sollío Barrica
2. Viña Peón Barrica
3. Adega Vella 12
4. Viña Frieira Barrica

Artigos relacionados

Back to top button