OurenseÚltima hora

Entrega dos diplomas aos 20 alumnos do obradoiro de emprego “Río Arnoia”, na Merca

O delegado da Xunta en Ourense anuncia o inicio inmediato dunha nova edición desta iniciativa laboral, tamén baixo o formato de obradoiro dual e cunha duración de nove meses

O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, entregando un dos diplomas.

 

Na mañá deste venres 24 de setembro, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, clausuraba o obradoiro de emprego “Río Arnoia” no concello da Merca e anunciou o inicio inmediato dunha nova edición desta iniciativa laboral, igualmente baixo o formato de obradoiro dual e cunha duración de nove meses, grazas a un investimento de preto de 347.000€ por parte da Consellería de Emprego e Igualdade, no que participan tamén os concellos de Ramirás e Cartelle.

No acto, o delegado reivindicou o valor dos obradoiros de emprego tanto para as entidades locais promotoras, “por canto levan a cabo proxectos que redundan en beneficio da zona na que se desenvolven” como “para os directamente beneficiados: as persoas sen emprego”. Neste senso, destacou que non só proporcionan aos participantes traballo e un salario durante o período de duración da actividade, senón que ofrecen “unha formación teórica e práctica que lles permitirá reorientar a súa carreira profesional cara a actividades que acreditan unha notable demanda no mercado de traballo”.

 

 

O representante do Goberno galego, que estivo acompañado polos alcaldes da Merca, José Manuel Garrido; de Cartelle, Jaime Sousa e pola alcaldesa de Ramirás, Isabel Gil, lembrou que os alumnos reciben hoxe os seus certificados de profesionalidade, que teñen validez en todo o territorio nacional, expedidos polo Servizo Público de Emprego de Galicia. Estes documentos demostran a preparación e habilidades adquiridas, o que vai “incrementar moi significativamente a empregabilidade do alumnado”, e expuxo as vantaxes que supoñen os obradoiros de emprego como é a súa contribución a fixar poboación no rural. Neste senso, subliñou que para o Goberno galego o rural é unha prioridade.

Promovido polo concello da Merca, e no que participaron os concellos de Cartelle e Ramirás, este proxecto supuxo un investimento da Xunta de 346.946 euros. Os vinte alumnos-traballadores desenvolveron nestes nove meses as especialidades de actividades auxiliares en viveiros e centros de xardinería e operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas.

Artigos relacionados

Back to top button