CulturaCulturaÚltima hora

Entréganse os premios do XVI Concurso de Fotografía Rosa Pons de Parada de Sil

 

Nun acto emotivo e festivo facíase entrega ós gañadores da XVI edición do Concurso de fotografía Rosa Pons que convoca o concello de Parada de Sil. A entrega tiña lugar na tarde de onte, venres, 25 de agost. Na súa intervención o alcade de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, agradecía a presenza e o traballo do xurado presidido por Luís Baños e composto por Carmen Blanco e Xosé Antón Vázquez da Asociación Ouro do Sil. O rexedor agradecía especialmente o seu labor xa que demais preparou un video coas fotos presentadas máis 357 e organizou a expoición das mesmas que se pode ver no salón de usos múltiples do concello de Parada de Sil en horario da oficina de Turismo.

Tamén tivo un recordo para o mecenas do concurso Camilo Yáñez Pons e para a súa dona, que non puideron asistir. Yáñez financia na súa integredidade o concurso dende o seu incicio e son xa XVI edición as que suma. “Como dicimos sempre as cousas que se fan con base perduran e seguen a aumentar a ilusión por participar no concurso”, destacaba Aquilino Domínguez, “é un feito incuestionable que o concurso sirve apra dar publicidade do concello. Quén ia a dicir que un ciudadano de Bangladesh gañaría un concurso en Parada de Sil?”.

 

Así mesmo no acto facíase unha lembranza á figura de Rosa Pons, que dá o nome a este concurso.
Pons era unha mestra catalá que na ditadura de Primo de Rivera veu fuxindo desa comunicade porque non a deixaban falar catalán ou bailar a sardana, cuestións relacionadas coas liberdades do uso do idioma e os costumes.

 

 

Domínguez facías así mesmo un agradecemento público a Aurora Pilar Sánchez que cedeu ó concello para esta exposición uns cadros feitos a punto de cruz que están a chamar a atención de visitantes e medios de comunicación. Finalizaba o alcalde pedindo un aplauso para os gañadores, para o mecenas Camilo Yáñez e amosando o desexo de que veciñanza e visitantes desfruten das festas de San Ramón.

 

 

Os gañadores do apartado de Tema libre de Bangladesh e de San Boi de Llobregat recibirán o premio por transferencia bancaria e o gañador de Visións de Parada de Sil coa foto “O Teosuro escondido de Ponte Caldelas”, Iago manuel Souto recollía o premio de mans do alcalde. Por último, a segunda clasificada neste tema Felisa Victoria Trigo enviou unha representante e recibiu o premio de mans da primeira tenente de alcalde. Rosa Álvarez.

Fotos cedidas por Luis Baños.

 

Artigos relacionados

Back to top button