CulturaCulturaÚltima hora

Entrégase o premio do videoxogo ‘Tristán Téllez’ no Mosteiro de Sta. Cristina de Ribas de Sil

Entregando o premio./ Foto cedida.

 

Na xornada do xoves 20 de xullo tiña lugar a entrega do premio do videoxogo ‘Tristán Téllez’ baseado na novela do mesmo nome, cuxo primeiro capítulo transcorre no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, no concello de Parada de Sil.

O gañador do premio (5.000 euros, dos cales 2.000 deben gastarse no concello de Parada de Sil que puxo a empresa Áurea Visión; e unha estancia de fin de semanaa en Parada de Sil, a cargo do Concello), foi Ricardo Escudero (Doutor en Física e profesor da Universidade Internacional de Valencia), e os encargados de entregalo, Xavier Cid, o enxeñeiro creador do mesmo e Paco Magide, concelleiro de Cultura e Turismo.

 

Xavier Cid, o enxeñeiro creador do vídeo xogo con Paco Magide, concelleiro de Cultura e Turismo de Parada de Sil e o gañador do premio, Ricardo Escudero./ Foto cedida.

 

O gañador tivo que descifrar tres enigmas de moita complexidade que lle levou moito tempo e unha busca de información moi exhaustiva. Dí que el o tomou como “un reto” e resultoulle foi satisfactorio xa que a pesares de que xa coñecía o Mosteiro, aumentou o recoñecemento ao ter que ler moita documentación sobre o mesmo. En canto ao xogo, Ricardo di que “a recreación é moi fiel e tecnicamente está moi ben acabada, a parte de ser unha iniciativa moi novidosa e divertida”.

A competición tiña lugar entre o 17 de xuño e o 9 de xullo e descargaron a aplicación 1.129 xogadores, mostra de que “serviu para promocionar a xoia do románico que é este mosteiro”, en palabras de Paco Magide quen manifestou unha vez máis a “aposta deste Concello por difundir o patrimonio e a cultura”, agradecendo a Javier o seu “magnífico traballo” e a Ricardo e o resto de participantes “a súa participación”. Tamén manifestou que se está a valorar a posibilidade de facer un segundo capítulo o ano que vén.

Artigos relacionados

Back to top button