ConcellosO BarcoÚltima hora

Esclarecida a estafa de 10.000 euros sufrida por unha veciña do Barco

 

O Equipo da Comandancia da Garda Civil de Ourense vén de identificar a “dous veciños de Móstoles (Madrid) como presuntos autores da estafa de 10.000 euros sufrida por unha veciña do Barco de Valdeorras”.

Tal como informan dende a Comandancia a investigación iníciase tras ter coñecemento dunha denuncia interposta no Cuartel da Garda Civil de Ourense (Ourense), por unha veciña do Barco, “na que relata que recibira unha chamada da entidade BBVA, onde lle informan duns supostos cargos poucos usuais na súa conta e co fin de emendar tal circunstancia e tras darlle credibilidade á chamada, segue as instrucións que lle van dando desde o teléfono, recibe unha serie de SMS no seu terminal telefónico con claves de firma de operacións monetarias, que de forma simultánea facilítaas ao interlocutor, para desta forma poder retrotraer as cantidades que supostamente foran cargadas na súa conta, dándose conta máis tarde duns cargos por importe de 10.000 euros”.

Xestións realizadas polo Equipo Santamariña, tras a análise das evidencias e xestións realizadas, “constátase a participación como autores do ilícito a dúas persoas con domicilio en Móstoles (Madrid)” que utilizan “os métodos SMISHING e VISHING para realizar a estafa”, puntualizan dende a Garda Civil.

As dilixencias son remitidas ao Xulgado de Instrución n° 1 de Trives (Ourense).

Artigos relacionados

Back to top button