A RúaConcellosÚltima hora

Escolarizados no colexio diocesano San Pablo VI-Fátima da Rúa tres menores ucraínos

Imaxe do inicio de curso no Pablo VI-Fátima./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A guerra desatada en Ucraína está impactando fortemente na sociedade e ante esta importante crise humanitaria a Igrexa tampouco permace á marxe. De feito desde Cáritas Nacional, Cáritas Diocesana e a Delegación de Migracións estanse coordinando iniciativas que axuden a paliar o drama que están vivindo tantas persoas. “Na nosa diócese mantivéronse xa varias reunións cos sacerdotes e os relixiosos presentes para coordinar todas as axudas e a atención necesarias”, aseguran dende Astorga.

Dende a Diócese puntualizan que no que se refire á primeira acollida dos posibles inmigrantes “o Goberno autorizou só a dúas asociacións, ACCEM e Cruz Vermella, para realizar este labor con importantes implicacións legais”. De aí que o labor de Cáritas non pode comezar ata que estoutras organizacións non xestionasen a primeira acollida.

Así ata o momento están sendo coordinadas desde Cáritas de Astorga e outras institucións eclesiásticas presentes na diócese, varias accións entre as que destaca a colecta a favor de Ucraína realizada o 13 de marzo na que se levan recollido 60. 000 euros; o ofrecemento de tres lugares para acollida de grupos numerosos (150 persoas); e a escolarización de tres menores no colexio diocesano San Pablo VI-Fátima da Rúa (a súa familia foi acollida na casa dun veciño da Rúa residente en Barcelona); así como o “ofrecemento de tres institucións educativas relixiosas máis para a escolarización e apoio educativo dos nenos que o necesiten”, engaden dende a Diócese de Astorga.

Artigos relacionados

Back to top button