
Cada vez está máis cerca a V Subida a Valdeorras Campionato de España que se celebrará no Barco no mes de xuño, pero antes, neste mes de abril terá lugar a “Festa da Paella” organizada pola Escudería Valdeorras.
Será o sábado día 22 a partir das 14:30 horas no pavillón municipal vello do Barco cun menú a base de entremeses ibéricos, paella, postre, café, chupito, auga e viño. A entrada custará 20 euros (17 para os socios) e poderán mercarse ata o 17 de abril nos seguintes establecementos: Talleres Toño, Autoescuela Valdeorras, Luchy’s Bar, Recalvi, 13/14 e Horta de Fina e Mar. Os socios deberán chamar ao 644 421 526.
Durante a festa exporase un coche de competición e a entrada dará opción a participar no sorteo dunha paletilla de xamón. Ademais, no propio evento poranse á venda rifas a 1 euro para o sorteo de 2 paletillas, cambio de aceite, merchandising da Escudería e 3 carnés de socio.