EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Esgotadas as entradas para a XIX Festa da Empada de Costrelas da Rúa

A cita gastronómica será o sábado 16 de abril a partir das 14 horas no campo de San Roque

Asistentes á unha edición anterior da festa gastronómica na Rúa Vella, antes da pandemia./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Sábado Santo, 16 de abril, o campo de San Roque, na Rúa, acollerá a XIX Festa da Empanada de Costrelas para a cal a Asociación Cultural Sabugueiro puxera á venda 450 entradas “que voaron antes de rematar o prazo”, aseguran dende a organización, moi orgullosos do seu pobo “e de que a nosa xente nunca permita que unha tradición morra, sodes increíbles”, aseguran a través das redes sociais, emprazando aos veciños ao xantar.

Unha cita gastronómica que comezará ás 14 horas co menú de sempre: empanada de costelas, sopas de allo, torta de roxóns, café e licores, e coa colaboración do Concello da Rúa, da Deputación de Ourense, de Mantesil e de Panadería Lorenzo.

Para a ocasión contarán cunha carpa climatizada e baños portátiles e o fin de festa correrá a cargo de Danzalia Disco Show que cedeu unha cesta que será sorteada no decurso do xantar coas rifas que os propios membros da asociación venderán ese día.

A boa comida e a festa están aseguradas.

Artigos relacionados

Back to top button