CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima horaVídeos

Espectacular e concorrido Festival de Nadal do CEIP Julio Gurriarán, no Teatro Lauro Olmo do Barco

 

Co cartel de completo e moita xente pendente para entrar, comezaba na tarde deste martes 20 de decembro o Festival de Nadal do CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán.

Un festival tan esperado como exitoso que se celebraba no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras e ao que asistía numeroso público, familiares dos cativos que aplaudían e desfrutaban con cada actuación.

 

Os presentadores.

 

E sobre o escenario, con vestimentas claramente navideñas (gorros de Papá Noel, diademas de remos, coroas, cintas de cores,…) ían pasando os diferentes cursos, dende os de Infantil ata 6º de Primaria, cantando e bailando, traballladas coreografías guiadas dende o público polas profesoras.

Tamén se proxectaba o vídeo navideño elaborado dende o propio centro, baixo o título ‘Celebra la vida’, sen dúbida unha das mellores mensaxes para este Nadal de regreso á normalidade trala pandemia.

 

 

 

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver/ A.R.
Vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button