A intensa chuvia e o desxeo facían que en apenas 12 horas o río Sil medrase de maneira espectacular ao seu paso polo Barco, cubrindo a praia fluvial do Malecón e así como boa parte das súas beiras, tal e como pode comprobarse nestas imaxes tomadas ás 10:30h. deste venres 11 de decembro. Os accesos ao río no Malecón foron selados pola Policía Local do Barco.

Tamén se aprecia un incremento notable nos caudais do arroio de Viloira e do río Cigüeño, que desemboca no Sil, xusto no Malecón.
Fotos: A.R.