CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Espectacular túnel do terror para celebrar o Samaín na Pobra de Trives

Será o 27 de outubro a partir das 18 horas no Centro de Interpretación Santa Leonor

 

Tralo éxito das dúas anteriores edicións (a primeira antes da pandemia e a segunda o ano pasado) con varios pases que os cativos desfrutaron de principio a fin, A Pobra de Trives prepárase para celebrar a festa do Samaín cun novo e espectacular túnel do terror no labiríntico Centro de Interpretación Santa Leonor.

 

Personaxes do ‘Túnel do Terror’ de Trives o ano pasado.

 

Será o vindeiro 27 de outubro, organizado polo Concello en colaboración coa ANPA O Recreo do CEIP Bermúdez Couso, e comezará co xogo do ‘Truco ou Trato’ polo pobo e, xa a partir das 18 horas, o túnel protagonizado por xente da ANPA (pais, nais, voluntarios e mesmo nenos) que interpretarán aos distintos personaxes de contos e películas de medo. É tal a complexidade e elaboración do evento que pode haber de todo, dende un cemiterio, ata a morgue, mortos vivintes, pantasmas,…

 

Un dos momentos do ‘Túnel do Terror’ o ano pasado.

 

O programa inclúe unha merenda e ten moi boa acollida tanto por parte dos nenos como dos mozos e tamén xente adulta. Todos deberán entrar en grupos de 6 persoas como máximo e os pequenos terán que ir acompañados por un adulto.

 

Artigos relacionados

Back to top button