DeportesÚltima horaVídeos

Espectáculo e competición na carreira de mountain bikes “Tsunami Manzaneda”

A proba, que se celebraba este domingo, finalizaba na praza do Concello de Manzaneda

 

Neste domingo 9 de xullo tiña lugar a carreira ”Tsunami Manzaneda”, realizada con mountain bikes (MTB) ou BTT, na Estación de Montaña de Manzaneda. Trátase dunha carreira disputada por sendas e camiños na que cada participante loitaba contra o cronometro de forma individual.

A proba consta de varios tramos cronometrados (TC) e unha Avalancha final de máis de 15km desde a parte alta da estación ata a localidade de Manzaneda.

 

 

As saídas da avalancha eran de 50 en 50 corredores e as quendas estableceranse en función dos mellores tempos dos tramos cronometrados do sábado (TC1 e TC2). O ganador tiña que lograr o mellor tempo no tramo cronometrado e máis na avalancha.

A carreira remataba na praza do Concello da vila de Manzaneda, despois tiña lugar a entrega de premios. Nesta localidade a organización contaba coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil de Manzaneda e de Viana do Bolo.

Fotos e vídeo cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button