ConcellosLaroucoÚltima hora

Estabilizado o incendio de Seadur (Larouco), tras afectar a unhas 80 hectáreas

Segundo os primeiros indicios, puido ser causado por un raio, tal e como indica Medio Rural

 

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, xa estabilizado, no concello ourensán de Larouco, parroquia de Seadur, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 80 hectáreas.

O lume, que segundo os primeiros indicios puido ser ocasionado por un raio, iniciábase onte mércores ás 20,59 h. e quedou estabilizado ás 08,20 h. desta mañá. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 1 técnico, 5 axentes, 11 brigadas e 9 motobombas.

Por outra banda, os dous incendios rexistrados no Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés a pasada noite están xa extinguidos. Localizáronse nos concellos de Entrimo (na parroquia da Illa) e de Lobios (na parroquia de Riocaldo) e todo parece indicar que tamén puideron ter como causa a caída dun raio.

O lume de Entrimo iniciouse ás 21,07 h. de onte e quedou extinguido ás 22,50 h. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 0,06 hectáreas de monte raso. Para o seu control mobilizáronse 1 axente e 1 motobomba.

O lume de Lobios comezou ás 20,33 h. de onte e deuse por extinguido ás 01,32 h. desta madrugada. Afectou unha superficie de 2,5 hectáreas de monte raso. Para o seu control mobilizáronse 2 axentes, 4 brigadas e 3 motobombas.

Artigos relacionados

Back to top button