
O incendio forestal de Sobradelo, no concello de Carballeda de Valdeorras, quedaba estabilizado ás 12:27 h. desta mañá de domingo, segundo vén de informar a Consellería do Medio Rural.
Seguindo as últimas estimacións feitas públicas pola consellería, o lume afecta unha superficie dunhas 200 hectáreas. No seu control levan participado 1 técnico, 14 axentes, 32 brigadas, 16 motobombas, 2 pas, 8 avións e 9 helicópteros.
Este incendio forestal iniciábase ás 16:35h. do sábado 17 de xullo.