En portadaÚltima hora

Estabilizados os dous incendios do Parque Natural do Invernadeiro, en Vilariño de Conso

Segundo as últimacións estimacións feitas públicas pola Consellería de Medio Rural, lévanse queimadas 14 hectáreas nun dos lumes e 96 no outro
Imaxe dun dos incendios en Vilariño de Conso.

Tres días despois do seu inicio, os dous incendios forestais rexistrados no Parque Natural do Invernadeiro, no concello de Vilariño de Conso, están estabilizados, segundo informa a Consellería do Medio Rural. Estes lumes están localizados na parroquia de San Mamede de Edrada.

Ambos incendios comezaron ás 16:10 h. da tarde do mércores 22 de agosto e, segundo as últimas estimacións feitas públicas por Medio Rural, afectan 14 e 96 hectáreas, respectivamente. No lugar levan traballado 4 técnicos, 37 axentes, 83 brigadas, 37 motobombas, 5 pas, 14 helicópteros e 7 avións.

Artigos relacionados

Back to top button