Na xornada deste sábado 1 de marzo Vilariño de Conso celebra o seu día grande do Entroido, con desfile de folións pola mañá e xantar. E alí, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e polo director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, enxalzou a Festa do Cabrito de Vilariño de Conso que acada neste ano a súa 36ª edición como “un referente gastronómico de Galicia”.
Durante a súa participación nesta festa gastronómica, acompañdo tamén pola alcaldesa de Vilariño Melisa Macía, o director da Axencia destacou a gran calidade dos produtos agroalimentarios galegos que, nestas datas festivas, adquiren unha relevante importancia en eventos deste tipo.




