DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Estrea de camiseta e nova vitoria para o Rúa-Valdeorras CF no Aguillón

Co 3-0 remataba o encontro da xornada 8 ante a UD Santiso

O equipo feminino de fútbol da Rúa está de estrea. Cunha nova camiseta se presentaban as xogadoras do Rúa-Valdeorras CF ao partido ante a UD Santiso no Aguillón, correspondente á xornada 8 en segunda división.

Un partido no que Rafa estivo especialmente acertada, marcando dous dos tres goles das locais que suman unha nova vitoria por goleada, e van tres consecutivas. A xogadora ruesa adiantaba ao seu equipo no marcador cun temperán gol (minuto 8) chegando ao descanso co 1-0. E non sería ata o minuto 53, xa avanzada a segunda metade, cando facía o segundo local. O terceiro e definitivo chegaba no minuto 54 da man de Beatriz.

Con este resultado, as rapazas de Ricardo Basteiro comezaban o mes de decembro no cuarto posto da clasificación, a un punto do terceiro e a tres do segundo.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button