OurenseÚltima hora

Estrea de “Cavalo Dinheiro” de Pedro Costa no Cineclube Padre Feijóo

https://www.youtube.com/watch?v=8wm13EugiDA

O Cineclube Padre Feijóo trae, no seu Luns de Filmoteca CGAI-Filmoteca de Galicia, a estrea da última película do portugués Pedro Costa, “Cavalo Dinheiro”

Este filme é a culminación de 20 anos de dedicación aos inmigrantes caboverdianos do barrio lisboeta de Fontainhas.

Portada da película.

Para o seu cine, Pedro Costa non precisa máis que un equipo técnico de tres acodes, unha cámara dixital case doméstica, os seus amigos caboverdianos como actores e as desgarradoras historias que estes lle contan para construír algunhas das películas máis importantes de cine recente.

O seu actor fetiche, Ventura, xubilado que durante anos traballou na construción segue compartindo os seus recordos: a súa memoria da Revolución do Caraveis, oposta á do propio cineasta: namentres Costa viviu ese 24 de abril de 1974 como unha auténtica festa, Ventura e os seus amigos vivírono con horror e incerteza, metidos nos que recordan metaforicamente ou non, como unha gran prisión.

O pase será ás 20:30 e ás 23:00 horas na Biblioteca Pública de Ourense. O custo da entrada é de 2 euros para socios e 2,5 euros para o público xeral.

Artigos relacionados

Back to top button