CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Estréase en Galicia “Cantarenas na noite”, espectáculo de Paco Campos e Domingo D. Docampo sobre Florencio

Publicidade

 

A sede da Agrupación Alexandre Bóveda da Coruña acollía na tarde do pasado mércores a estrea en Galicia do espectáculo valdeorrés “Cantarenas na noite”. Trátase dun recital poético-musical no que Paco Campos recita e musica unha serie de poemas de Florencio Delgado Gurriarán, facendo un percorrido polos versos máis representativos do autor corgomés, complementados con soporte audiovisual de Domingo D. Docampo.

Este acto estaba promovido polo colectivo Valdeorras Infinda e pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button