CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Estudantes de 3º e 4º de ESO do Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa, alzan a voz contra a violencia de xénero

Realizaron un proxecto desde a materia de Valores titulado “Rompendo o Silencio” cuxo resultado pode verse dende hoxe na entrada co centro

 

Estudantes de 3º e 4º de ESO do Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa alzan a voz contra a violencia de xénero nun proxecto desde a materia de Valores que, baixo o título “Rompendo o Silencio” busca “sensibilizar sobre este grave problema social e promover valores de respecto e igualdade”.

 

 

Tal como explican dende o centro, durante varias semanas os alumnos coordinados polo seu profesor, Iván Villasuso, foron investigando o impacto da violencia na sociedade, explorando as súas causas, consecuencias e posibles solucións. “A partir das súas reflexións, crearon actividades e materiais educativos, entre os que destacan un manequín dunha muller e un mural colaborativo con mensaxes que convidan á reflexión”.

 

 

O profesor de Valores, Iván, destaca que o obxectivo principal deste proxecto é “dar voz aos mozos para que comprendan a importancia de construír relacións baseadas no respecto e a igualdade, fomentando a súa capacidade para ser axentes de cambio na súa contorna”.

 

 

“Démonos conta de que todos podemos facer algo, aínda que sexa pequeno, para cambiar as cousas”, comenta Leire, alumna de 3º ESO e autora do manequín axudada pola súa compañeira, Cayetana.

 

 

O traballo pode verse dende hoxe na entrada do colexio.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button