CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Estudantes de Valdeorras, Viana e Trives, entre os convocados ao I Encontro Diocesano de Adolescentes e Xoves deste curso

A I ediciín deste curso celebrarase o 9 de novembro en Vega de Espinareda (León)

 

Dende a Delegación Episcopal de Pastoral Xuvenil da Diócese de Astorga, organizan o primeiro Encontro Diocesano de Adolescentes e Xoves deste curso que se celebrará  na localidade leonesa de Vega de Espinareda o sábado 9 de novembro, baixo o lema “Testemuñas da Esperanza”.

“A esperanza será a temática transversal para este curso de pastoral con mozos, como preparación ao próximo Xubileu da Esperanza 2025”, explica o delegado episcopal de Pastoral Xuvenil, Luis Fernández Olivares, adiantando que o obxectivo deste encontro é “compartir un día de carácter diocesano, cun contido fundamentalmente lúdico e de convivencia, experimentando que, noutros lugares da Diócese, hai máis xoves coas súas mesmas inquietudes, dificultades, alegrías, intereses, fe… Ser cristián, membro da Igrexa, non significa ser aburrido, estar amargado ou non divertirse -como tanto insiste o Papa Francisco-, senón todo o contrario: é gozar en plenitude, porque Cristo dálle sentido a todo. El é a nosa esperanza, da que queremos ser testemuñas ante o mundo”.

 

 

A xornada consistirá nunha serie de actividades polo Mosteiro de San Andrés e arredores ao longo da mañá. Xa pola tarde, como clausura, celebrarán a Misa dominical para “mostrar que a alegría de atoparnos inclúe o celebrar xuntos o Domingo cristián e a participación no sacramento no que recibimos a Xesús vivo”.

A participación no encontro é gratuíta, “só haberá abonar o correspondente ao transporte e cada un deberá levar a súa propia comida. Tamén aconsellamos traer roupa cómoda e, en caso de previsión de choiva, chubasquero”, puntualiza o delegado, asegurando que poden participar a partir de 1º ESO (inclusive) ata os 30 anos debendo confirmar asistencia antes do xoves 7 de novembro.

PROGRAMA:

  • 11h. Chegada a Vega de Espinareda e acollida.
  • 12h. Proclaim.
  • 12:30h. Grand Game.
  • 14:30h. Xantar e tempo libre.
  • 15:30h. Presentación da Delegación de Xuventude, informacións do Xubileo 2025, testemuños, ensaio de cantos…
  • 17h. Santa Misa.
  • 18h. Despedida e fin do encuentro.

Artigos relacionados

Back to top button